martes, 28 de marzo de 2017

Análise de ferramentas TIC: 1,2,3 a túa WebQuest (Pablo)

Weeeelcomeeee de novo amigas e amigos!

Hai algo máis dunha semaniña analizaba a ferramenta Kubbu, a cal vos invito a visitar se aínda non o fixestes. Hoxe é o turno de 1, 2, 3 a túa WebQuest.

A comezos deste mes, os meus compañeiros Javier e Brais e un servidor, publicamos a WebQuest que fixemos tratando o tema das intelixencias múltiples, que ben sei que tanto vos gusta. Para realizar aquela web utilizamos a ferramenta WebQuest Creator 2. A pesar dos problemas que tivemos para rexistrarnos, temos que decir que unha vez dentro a utilización é moi sinxela grazas a axuda dos exemplos que trae. O mesmo nos pasou coa ferramenta de 1, 2, 3 a túa WebQuest. O rexistro foi algo latoso e deu algún que outro problemiña, pero unha vez rexistrados foi todo moi doado. Gustounos moitos que a páxina estivese dispoñible en galego, ao igual que en moitos outros idiomas.

Persoalmente gustoume máis WebQuest Creator 2 que 1, 2, 3 a túa WebQuest, pero para gustos as cores. Espero que provedes as duas e me comentedes por aquí cales foron as vosas impresións.

Moitas gracias pola vosa atención cibercompañeiros/as!

No hay comentarios:

Publicar un comentario