Mostrando entradas con la etiqueta Pablo José Seguín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pablo José Seguín. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de mayo de 2017

Despedida (Pablo)

Moi boas, por última vez amigos e amigas!

Hoxe é un día moi especial para min. Moi especial porque con esta publicación concluío un traballo de catro meses realizado na materia de Novas Tecnoloxías. Estou triste, por unha parte, debido a que esta foi das materias que máis me gustou do cuatri e creo que aprendin un senfin de cousas. Pero tamén estou contento, contento por todo o que realicei. Teño que admitir que os ordenadores e todo este mundo non é para nada o meu, é so usaba o portatil para navegar na rede e ver pelis. Grazas a esta materia comprendin a gran importancia que as novas tecnoloxías e as TIC teñen para a educación. Comprendin que en poucos minutos se pode realizar unha actividade multimedia moi interesante, para que o alumnado non se aburra na clase. Comprendin que existe un senfin de información na rede, de todo tipo e para todos os tipos. Comprendin que é totalmente necesario o usa das TIC como futuros docentes. E comprendín, por último, que endexamais esquecerei este blog!

http://educacionantibullying.weebly.com/uploads/5/5/0/4/55045177/2586187_orig.jpg

Espero que vos gustase todo o traballo que realicei. Sei que quizás non é o mellor do mundo, nin descubrín a pólvora nin son o novo Steve Jobs, pero asegúrovos que todas as publicacións foron feitas con toda a ilusión e constancia posible.

Isto non é un adeus, é un atalogo!

martes, 9 de mayo de 2017

Evaluación de las Presentaciones (Pablo)

Bonjooooour!

Esta experiencia do blog está chegando ao su fin. Hoxe tocarame falar un chis sobre os proxectos dos meus compañeiros. No día de onte, estivemos expondo todos os traballos que fixemos e a verdade e que quedei gratamente sorprendido. Sorprendido porque comezamos o curso sen apenas saber facer nada, eu non sabía case nin o que era un blog, e rematamolo creando actividades e recursos moi interesantes. Pareceme de vital importancia que o profesorado teña competencias no uso das TIC, e quedome moi tranquilo sabendo o que os meus compañeiros e eu aprendimos nesta materia. O que máis me gustou foi a parte dos recursos audiovisuais, xa que houbo algúns que me deixaron os pelos de punta! Como parte negativa, podemos falar da presentación oral, debido a que algún grupo, xa sexa polos nervios ou pola incertidumbre, non o fixo moi alá. Estamos en primeiro ano de carreira, e iso ha de correxirse pouco a pouco!



https://caballodefuego.files.wordpress.com/2015/04/ingreso-a.jpg 




Sen máis, deixovos por hoxe. Espero que vos gustase case toda a publicación do blog, porque como xa dixen... isto esta a rematar!

jueves, 4 de mayo de 2017

Recurso de Apoio a Exposición

Ola caracolaaaa!

Por aquí vos deixamos o recurso que utilizamos de apoio a nosa exposición. Tiñades que vernos... vaia nervios antes de comezar! Por sorte, fómonos soltando pouco a pouco a medida que ía transcurrindo o tempo e a verdade e que estamos moi contentos co resultado.

Esperamos que vos guste a exposición!


miércoles, 3 de mayo de 2017

Análise de ferramentas TIC: Gloster (Pablo)

Welcome de novo mundo!

Hoxe toca por fin a esta serie de análise de ferramentas TIC. A verdade e que foi unha tarefa que me gustou moito. Puiden ollar moitas e aprender infinidade de "truquillos" para desenvolver xeniais actividades na aula.

Sen perder máis tempo, procedamos a falar de Gloster. Sí, sonabos o nome. Anteriormente, meus compañeiros e eu xa realizamos unha actividade con esta ferramenta na cal creamos un estupendo poster con varios recursos, o cal vos convido a visitar se aínda non o fixestes facendo click aquí.

Como ven sendo costume, non me gusta nada iso de rexistrarme. Prefiro aquelas ferramentas nas que non se hai que rexistrar, debido a que o proceso de creación e moito mais simple e doado. Aínda así, o rexistro en Glogster é bastante rápido. Unha vez dentro hai milleiros de posibilidades de realizar o poster, o cal me encanta. É unha ferramenta moi recomendable para facer exposición para os mais e as mais pequerrechas, xa que se es unha persoa creativa abofé que podes realizar algo increible.

Por último engadir que non puiden probar a aplicación para dispositivos móbiles, pero estiven lendo comentarios en App Store e dis que din que é case identico o seu manexo ao da páxina web

Espero que me deixedes por aquí algunha das vosas creacións, que ben seguro son fermosas!

Un saudiño :)

martes, 2 de mayo de 2017

Análise de ferramentas TIC: Mixbook (Pablo)

Moi boas!

Estamos aquí para seguir coa análise dalgunhas ferramentas TIC para a creación de recursos. Hoxe é o turno de MixBook, o cal nos permite realizar un libro dixital de fotografías. Estas fotografías poden ser recopiladas da nosa propia galeria, o que é xenial debido a que podemos subir todas as que desexemos, ou ben dunha ampla colección que nos ofrece a páxina.

O mellor desta ferramenta, dende o meu punto de vista, e que se pode utilizar nun ordenador mediante a súa páxina web, ou ben descargar a aplicación e utilizala dende calquer dispositivo móbil ou tablet. A aplicación permitenos sacar fotos e engadilas o book de forma case instantánea.

Por outra banda, creo que a parte máis negativa e que debes de rexistrarte para poder traballar con esta ferramenta, tanto na sua versión web como na aplicación. Isto fai que perdas moito tempo. Así mesmo, tampouco me gustou que non este a páxina en galego ou en castelán. Tan só se pode utilizar en inglés.

Espero que lle botedes un ollo, e vos sexa util. Comentai que foi o que vos pareceu!

Vemonos en seguinte publicacións :)

sábado, 8 de abril de 2017

recursos creados pablo

Moi boas a todas e todos!

Despois dunha pequerrecha tempada sen publicacións, volvo estar por aquí. Hoxe vai ser un día importante para o blog, xa que realizarei, dende o meu punto de vista, unha das publicacións máis importantes. Nesta publicación falareivos dunha serie de recursos TIC para traballar na aula que están feitos por min. Habrá recursos TIC multimedia e interactivos e outros que se poden imprimir e trabalar na aula.

Sen máis vamos a falar do primeiro recurso. Este, é un crucigrama que realicei coa aplicación web de Educaplay Con este crucigrama intentei traballar a intelixencia lingüística así como a visual. Consiste nunha serie de preguntas tanto con imaxe como con texto para que o alumnado complete. O tema que elexin foi o das capitais europeas.

https://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2974910/crucigrama_capitais_europeas.htm



O segundo recurso do que vos falarei foi feito con JisgawPlanet. Este trata sobre un rompe-testas. De fondo aparece un debuxo do patio dunha escola, pero pódese modificar e engadir todo tipo de imaxes ou debuxos.


http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=05b8c7532c8d



O terceiro recurso é un xogo. Este xogo realizarase por parexas e intentaremos mellorar as relaccións entre o alumnado. Cando un deles perde, a ferramenta TIC realizará unha pregunta que debe ser ben respondida para poder seguir xogando. Se un dos membros non a sabe debe consultala rápidamente co seu compañeiro ou na rede, para así poder seguir coa interesante partida na que estaban. Esta ferramenta foi realizada con ClassTools.

http://www.classtools.net/pongy/201705_YSc5Ki



Por último, e non menos importante, temos un xogo tamén realizado en EducaPlay que trata sobre os antónimos. O alumnado deberá emparexar unha serie de antónimos bastante sinxelos, tera un máximo de dous erros. Ademáis tamén hai tempo para facelo, o cal complica un pouquiño máis a tarefa.

https://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2990513/html5/busca_os_antonimos.htm



Recoidai que para entrar nos exercicios tan só debedes facer un click sobre as fotos! Espero que vos sexan útiles e que vos gusten moitooooo ;)







martes, 28 de marzo de 2017

Análise de ferramentas TIC: 1,2,3 a túa WebQuest (Pablo)

Weeeelcomeeee de novo amigas e amigos!

Hai algo máis dunha semaniña analizaba a ferramenta Kubbu, a cal vos invito a visitar se aínda non o fixestes. Hoxe é o turno de 1, 2, 3 a túa WebQuest.

A comezos deste mes, os meus compañeiros Javier e Brais e un servidor, publicamos a WebQuest que fixemos tratando o tema das intelixencias múltiples, que ben sei que tanto vos gusta. Para realizar aquela web utilizamos a ferramenta WebQuest Creator 2. A pesar dos problemas que tivemos para rexistrarnos, temos que decir que unha vez dentro a utilización é moi sinxela grazas a axuda dos exemplos que trae. O mesmo nos pasou coa ferramenta de 1, 2, 3 a túa WebQuest. O rexistro foi algo latoso e deu algún que outro problemiña, pero unha vez rexistrados foi todo moi doado. Gustounos moitos que a páxina estivese dispoñible en galego, ao igual que en moitos outros idiomas.

Persoalmente gustoume máis WebQuest Creator 2 que 1, 2, 3 a túa WebQuest, pero para gustos as cores. Espero que provedes as duas e me comentedes por aquí cales foron as vosas impresións.

Moitas gracias pola vosa atención cibercompañeiros/as!

martes, 14 de marzo de 2017

Análise de ferramentas TIC: Kubbu (Pablo)

Weeeeelcomeeee!

Estamos por aquí de novo amigas e amigos, esta vez para falar un pouco sobre algunhas ferramentas TIC que ben seguro vos serán moi útiles.

A primeira ferramenta da que falaremos será Kubbu (sí, seino, o nome é gracioso e foi o que fixo que me entrase a curiosidade de entrar nesta web). Esta ferramenta permítenos xerar cuestionarios, crucigramas e xogos de emparexar cos que se pode traballar de forma online ou descargalas e utilizalas de forma impresa. Aínda que é doado crear actividades en kubbu e a páxina web funciona xenial, atopámonos con un problema, cando menos para min importante. Este problema é que a páxina só está en inglés e isto limítanos a hora de comprender todas as utilidades e opcións que nos permite a ferramenta. Outra pequena traba a esta ferramenta é o seu rexistro, xa que tiven algúns problemas para a validación do correo. Con todo isto, admito que deixando de lado estes pequerrochos problemas e unha ferramenta moi útil.

Déixovos unha fotiño da web, recordade que para entrar nela tan só tedes que facer click na imaxe!


miércoles, 8 de marzo de 2017

WebQuest 2.0

Cucuuuuu ciberamigas e ciberamigos!

Despois dun breve parón de algo menos dunha semaniña voltámos para seguir dándolle caña as TIC e as intelixencias múltiples, porque sabemos que vos gustan tanto como a nós.

Hoxe amosámosvos unha WebQuest feita totalmente por nos, nas que poderedes indagar a través da realización dunha actividade algo máis sobre este tema que tanto nos gusta. A realización levaravos unhas horiñas, pero abofé que aprenderedes moito!

Sen máis deixámosvos por aquí unha imaxen da web, recordade que para entrar nela tan só debedes premer co rato encima da imaxe!

PD: Recomendámoslles botar unha ollada a última publicación, a do StopMotion, xa que igual vos da algunha pistiña para realizar a tarefa ;)





sábado, 25 de febrero de 2017

Recurso Audiovisual: StopMotion sobre as Intelixencias Múltiples

Ola caracolaaaaa!

Que tal amigos e amigas? Botástesnos de menos esta última semana? Sí, xa o sabemos... nos tamén! E por iso estamos aquí, para agasallarvos con un novo vídeo sobre un estupendo recurso audiovisual realizando totalmente por nós. Este recurso é un stopmotion.

Seguramente moitos de vos esteandes a preguntarvos que é iso dun stopmotion... Ben, un stopmotion é un vídeo no cal se realizaron varias imaxes dende unha posción fixa e estática. En cada imaxe, vese un cambio ou movemento, logrando que cando se xuntes varias surxa un efecto moi semellante a que se estuveran grabando.

Para realizar este vídeo utilizamos máis de 800 fotografías! Asique esperamos que valorendes o noso esforzo e lle deades like ahora vídeo en youtube e o compartades!

Vémonos en seguintes publicacións!


miércoles, 22 de febrero de 2017

Comentario stopmotion (Pablo)

Cucuuuuuuuuuu!

Tic, tac, tic, tac, tic, tac...

Que tal todo amigos? Esta publicación adicareina para falarvos un pouco sobre o stopmotion que realizamos. A verdade é que nos levou bastante traballo, quizás debido a ignorancia de manipular ferramentas como o Sony Vegas ou o iMovie. Foi bastante doado de facer. Eu fun o encargado de recortálas letras, máis de escribir. Si... xa sei que non teño a mellor letra do mundo, pero creo que non quedou tan mal!

Sacamos máis de 800 fotos para realizar un traballo final de 3 minutiños que ben seguro vos gusta. O tema do stopmotion é o mesmo que do blog, as intelixencias múltiples. Nel explicamos un pouquiño cantas e cales son.

Por se hai algún despistado que aínda non o vise, deíxolles por aquí o vídeo!


A miña man de fondo e eu dámosvos a despedida!

miércoles, 15 de febrero de 2017

Póster y reflexión sobre los recursos

Boas a todos, hoxe os traio un blog recuperando todos os recursos que fixemos entre os tres creadores deste blog, xuntando un total de 9 recursos nun mismo póster. Espero que vos guste.

Atopámonos o día de hoxe aquí para facer unha pequeniña reflexión sobre o proceso de búsqueda de recursos dixitais para traballar as intelixencias múltiples na aula. Antes de nada queremos decir, que esta tarefa de mergullarnos na rede e buscar recursos nos foi moi útil e nos parece fundamental para o noso futuro como mestres de Educación Primaria, xa que nos permite traballar coas TIC na aula dunha forma totalmente natural e productiva.

En verdade a tarefa foi sinxela debido a que son múltiples as páxinas que se nos proporcionaban, tanto as que había na plataforma FAITIC como as que fomos atopando a medida que nos mergullabamos. O único problema que atopamos foi a excasa, ou inexistente, existencia de recursos dixitais en lingua galega. A gran totalidade dos recursos que vimos estaban completamente en castelán.

Todos estes recursos empregarémolos no noso proxecto xa que pensamos que lle dará máis dinamismo a este e axude a amenizalo aún máis. Esperamos que vos guste moito!

Enviámosvos unha forte aperta, vemonos en seguintes publicacións!

miércoles, 8 de febrero de 2017

Recursos Pablo

Moi boas de novo cibercompañeiros/as!

Hoxe estou aquí para amosarvos uns cantos recursos dixitais para traballar iso das intelixencias múltiples na aula. Non perdades un só intre e estai moi antes xa que abofé vos sorprenderán!

O primeiro recurso que traemos é un vídeo para poder aprender un pouquiño de inglés e así poder comunicarnos con persoas de outros recunchos do mundo. Con esta divertida canción traballaremos a intelixencia musical e tamén a lingüistica, ademáis de pasar un agrabable rato cantando e bailando. Pódese utilizar este ferramenta tanto na aula como na casa, que agora cos dispotivos móbiles e tablets case que a podemos usar en calquer lugar!

Aquí vos queda o vídeo, espero que en seguintes publicación xa dominedes os verbos do inglés!




O segundo recurso que vos traigo será tamén super divertido! Agora e quenda de traballar un pouco coa intelixencia lingüística e de mirar que tal se nos da eso das sopas de letras. A plataforma educaplay, permitiranos realizar unha serie de divertidas sopas de letras con milleiros de palabras e dificultades. Polo de pronto xa hai quen deu resolto esta estupenda proba en menos dun minuto, espero que vos non sexades menos e nos contedes canto tardastes en rematar a sopa de letras. Para comezar tan só tedes que facer click na foto!





Por último, e non menos importante, traballaremos un pouquiño cos números. Ben sei que a moitos de nos non nos gustan nadiña as mates, menudo coñazo de materia! Pero todo isto agora empeza a cambiar coa axuda das TIC. O recurso que vos traigo e un estupendo xogo para os nosos queridos e inseparables móbiles, Agora as esperas no bus, no super, no médico serán moito máis entretidas co xogo Sushi Monster. Con este xogo poderemos traballar as mates dunha forma moi divertida, eu tiña algún problemiña coaa táboaa de multiplicar pero dende que descarguei este xogo domínoa a perfección. Afianzaremos os nosos coñecementos na resolución de contas matemáticas a través dun pequeno monstruo, inofensivo, que necesita comer... sushi, claro está. Para que o noso compañeiro de aventura poida comer sushi e non morrer de fame debemos resolver de forma correcta unha serie de operacións e problemas matemáticos que se nos plantexarán.

O xogo está dispoñible para Android e iOS, descargase nun intre e a diversión está 100% asegurada!




Espero que vos sexan de axuda estes recursos para traballar coas distintas intelixencias humanas, así como tamén espero ver nos comentarios algún dos vosos records, tanto no Sushi Monster coma nas Sopas de Letras. Os máis atrevidos podédes enviar un vídeo cantando en ingles!

Vémonos en seguintes publicacións, un ciber saudo para todas e todos vos!






martes, 31 de enero de 2017

Presentación do blog




Moi boas cibernautas, bloggers, docentes, alumnado, seguidores, seguidoras, fans, etc!!

Benvidos ao noso blog. Neste primer post imoslles a contar sobre que tratará este pequeno espazo na rede. Somos un grupo de tres estudantes de Educación Primaria da Universidade de Vigo, máis concretamente do Campus de Ourense. Facemonos chamar "Los Sin Nombre", que non é porque nosos proxenitores non nos puxeran un nome, senon pola nosa excasa imaxinación a hora de elexir un nome para o grupo de traballo (pobres sexan os nosos futuros fillos e fillas...).

Vamos a deixar as coñas un pouco de lado. Somos Brais Samartín Rodríguez, Pablo José Seguín Díaz e Javier Ugarte García, e como ben dixemos somos estudantes da UVigo. Este blog é para a asinatura de Novas Tecnoloxías, e tratará sobre un tema de actualidade como son as famosas intelixencias múltiples.

O noso interese por este tema é que creemos firmemente que non existe un tipo de intelixencia única. Non somos todos iguais, a un peixe non se lle pode pedir que trepe una árbore.

Parécenos una materia moi importante para a nosa formación profesional, xa que as TIC están cada día máis presentes nas nosas vidas. Aunque só lle teñamos medo ao home do saco, imos de decirlles un pequeno segredo... todo isto de crear un blog tamén nos da algo de respeto, AÍNDA QUE NON MEDO!

Nos seguintes post seguiremoslle escribindo sobre que é iso das intelixencias múltiples, asique non vos separedes dos vosos dispositivos móbiles, ordenadores, tablets, etc, para non perdervos ningunha nova.

Opinamos que o tema elexido seguro vos sorprenderá a todas e a todos, e oxalá leades as nosas seguintes publicacións coa mesma ilusión coa que nos as realizaremos!

Ata pronto queridos lectores e lectoras!

miércoles, 25 de enero de 2017

Presentación de Pablo

Bos días mundoooo!

Estou aquí no día de hoxe para realizar a miña primeira publicación neste proxecto. Meu nome e Pablo José Seguín. Nacin en Ourense e actualmente vivo en Xinzo, unha pequena vila de 10.000 habitantes situada a 50 kilómetros da cidade termal. Estudo na Universidade de Vigo o Grado de Educación Primaria dende este presente curso.

Este blog, tras varias discursión tratará sobre as intelixencias múltiples, tema que como poidemos ver nas distintas pescudas que fixemos pola rede está moi en auxe. A verdade é que non controlo moito sobre todo este mundo dos ordenadores, pero vou a esforzarme o máximo posible.

Sen máis, espero que sigan moi de cerca a publicación do blog, así como eu espero que vos encante todo o que aquí se ha traballar, que ben seguro é super divertido!