jueves, 4 de mayo de 2017

Recursos Brais.

Bos días, no día de hoxe vamos a traballar varias actividades mediante ferramentas interactivas que nos axuden a parte de mellorara no aspecto especificado, nas nosas habilidades coas TIC.

Mandalas
A primeira actividade vai para todos os públicos, é unha actividade de relaxación que traballa a focalización e a capacidade de atención moi útil para nenos con dificultades ou necesidades especiais como poden ser rapaces con TDAH. Esta ferramenta nos proporciona directamente os mandalas xa feitos.



GenMagic

A segunda actividade de hoxe ven dada grazas a unha ferramenta que interactivamente nos permite traballar e mellorar a observación a atención, é unha actividade que ten moito que ver coa anterior referido aos aspectos que traballa pero cunha metodoloxía totalmente diferente.




Printable world mapes

Esta actividade garantiza o traballo da xeografía, mellorando a nosa competencia espacial e de situación. Xa que grazas a esta ferramenta podemos crear un  mapa mudo de calquera parte do mundo e traballar con esta pintando neles de maneira interactiva coas TIC. A actividade trata sobre seleccionar un país ou continente, colorear as partes que dispoñen de sistemas montañosos.


Xerador de actividades para o traballo das horas

Para rematar coas ferramentas interactiva vou deixar unha última actividade, con esta facilitaremos aos  alumonos/as o traballar coas horas de unha maneira máis atractiva. Os reloxes estarán feitos pola ferramenta cunha hora posta debaixo, o que se trata de que oa alumnos/as poñan as agullar na posición correcta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario