Hoxe é un día moi especial para min. Moi especial porque con esta publicación concluío un traballo de catro meses realizado na materia de Novas Tecnoloxías. Estou triste, por unha parte, debido a que esta foi das materias que máis me gustou do cuatri e creo que aprendin un senfin de cousas. Pero tamén estou contento, contento por todo o que realicei. Teño que admitir que os ordenadores e todo este mundo non é para nada o meu, é so usaba o portatil para navegar na rede e ver pelis. Grazas a esta materia comprendin a gran importancia que as novas tecnoloxías e as TIC teñen para a educación. Comprendin que en poucos minutos se pode realizar unha actividade multimedia moi interesante, para que o alumnado non se aburra na clase. Comprendin que existe un senfin de información na rede, de todo tipo e para todos os tipos. Comprendin que é totalmente necesario o usa das TIC como futuros docentes. E comprendín, por último, que endexamais esquecerei este blog!

Espero que vos gustase todo o traballo que realicei. Sei que quizás non é o mellor do mundo, nin descubrín a pólvora nin son o novo Steve Jobs, pero asegúrovos que todas as publicacións foron feitas con toda a ilusión e constancia posible.
Isto non é un adeus, é un atalogo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario