martes, 9 de mayo de 2017

Evaluación de las Presentaciones (Pablo)

Bonjooooour!

Esta experiencia do blog está chegando ao su fin. Hoxe tocarame falar un chis sobre os proxectos dos meus compañeiros. No día de onte, estivemos expondo todos os traballos que fixemos e a verdade e que quedei gratamente sorprendido. Sorprendido porque comezamos o curso sen apenas saber facer nada, eu non sabía case nin o que era un blog, e rematamolo creando actividades e recursos moi interesantes. Pareceme de vital importancia que o profesorado teña competencias no uso das TIC, e quedome moi tranquilo sabendo o que os meus compañeiros e eu aprendimos nesta materia. O que máis me gustou foi a parte dos recursos audiovisuais, xa que houbo algúns que me deixaron os pelos de punta! Como parte negativa, podemos falar da presentación oral, debido a que algún grupo, xa sexa polos nervios ou pola incertidumbre, non o fixo moi alá. Estamos en primeiro ano de carreira, e iso ha de correxirse pouco a pouco!



https://caballodefuego.files.wordpress.com/2015/04/ingreso-a.jpg 




Sen máis, deixovos por hoxe. Espero que vos gustase case toda a publicación do blog, porque como xa dixen... isto esta a rematar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario