martes, 31 de enero de 2017

Presentación do blog




Moi boas cibernautas, bloggers, docentes, alumnado, seguidores, seguidoras, fans, etc!!

Benvidos ao noso blog. Neste primer post imoslles a contar sobre que tratará este pequeno espazo na rede. Somos un grupo de tres estudantes de Educación Primaria da Universidade de Vigo, máis concretamente do Campus de Ourense. Facemonos chamar "Los Sin Nombre", que non é porque nosos proxenitores non nos puxeran un nome, senon pola nosa excasa imaxinación a hora de elexir un nome para o grupo de traballo (pobres sexan os nosos futuros fillos e fillas...).

Vamos a deixar as coñas un pouco de lado. Somos Brais Samartín Rodríguez, Pablo José Seguín Díaz e Javier Ugarte García, e como ben dixemos somos estudantes da UVigo. Este blog é para a asinatura de Novas Tecnoloxías, e tratará sobre un tema de actualidade como son as famosas intelixencias múltiples.

O noso interese por este tema é que creemos firmemente que non existe un tipo de intelixencia única. Non somos todos iguais, a un peixe non se lle pode pedir que trepe una árbore.

Parécenos una materia moi importante para a nosa formación profesional, xa que as TIC están cada día máis presentes nas nosas vidas. Aunque só lle teñamos medo ao home do saco, imos de decirlles un pequeno segredo... todo isto de crear un blog tamén nos da algo de respeto, AÍNDA QUE NON MEDO!

Nos seguintes post seguiremoslle escribindo sobre que é iso das intelixencias múltiples, asique non vos separedes dos vosos dispositivos móbiles, ordenadores, tablets, etc, para non perdervos ningunha nova.

Opinamos que o tema elexido seguro vos sorprenderá a todas e a todos, e oxalá leades as nosas seguintes publicacións coa mesma ilusión coa que nos as realizaremos!

Ata pronto queridos lectores e lectoras!

No hay comentarios:

Publicar un comentario