Hoxe estou aquí para amosarvos uns cantos recursos dixitais para traballar iso das intelixencias múltiples na aula. Non perdades un só intre e estai moi antes xa que abofé vos sorprenderán!
O primeiro recurso que traemos é un vídeo para poder aprender un pouquiño de inglés e así poder comunicarnos con persoas de outros recunchos do mundo. Con esta divertida canción traballaremos a intelixencia musical e tamén a lingüistica, ademáis de pasar un agrabable rato cantando e bailando. Pódese utilizar este ferramenta tanto na aula como na casa, que agora cos dispotivos móbiles e tablets case que a podemos usar en calquer lugar!
Aquí vos queda o vídeo, espero que en seguintes publicación xa dominedes os verbos do inglés!
O segundo recurso que vos traigo será tamén super divertido! Agora e quenda de traballar un pouco coa intelixencia lingüística e de mirar que tal se nos da eso das sopas de letras. A plataforma educaplay, permitiranos realizar unha serie de divertidas sopas de letras con milleiros de palabras e dificultades. Polo de pronto xa hai quen deu resolto esta estupenda proba en menos dun minuto, espero que vos non sexades menos e nos contedes canto tardastes en rematar a sopa de letras. Para comezar tan só tedes que facer click na foto!
Por último, e non menos importante, traballaremos un pouquiño cos números. Ben sei que a moitos de nos non nos gustan nadiña as mates, menudo coñazo de materia! Pero todo isto agora empeza a cambiar coa axuda das TIC. O recurso que vos traigo e un estupendo xogo para os nosos queridos e inseparables móbiles, Agora as esperas no bus, no super, no médico serán moito máis entretidas co xogo Sushi Monster. Con este xogo poderemos traballar as mates dunha forma moi divertida, eu tiña algún problemiña coaa táboaa de multiplicar pero dende que descarguei este xogo domínoa a perfección. Afianzaremos os nosos coñecementos na resolución de contas matemáticas a través dun pequeno monstruo, inofensivo, que necesita comer... sushi, claro está. Para que o noso compañeiro de aventura poida comer sushi e non morrer de fame debemos resolver de forma correcta unha serie de operacións e problemas matemáticos que se nos plantexarán.
O xogo está dispoñible para Android e iOS, descargase nun intre e a diversión está 100% asegurada!
Espero que vos sexan de axuda estes recursos para traballar coas distintas intelixencias humanas, así como tamén espero ver nos comentarios algún dos vosos records, tanto no Sushi Monster coma nas Sopas de Letras. Os máis atrevidos podédes enviar un vídeo cantando en ingles!
Vémonos en seguintes publicacións, un ciber saudo para todas e todos vos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario