miércoles, 8 de febrero de 2017

Recursos javier

Boas queridos cibernautas! Hoxeos vou a amosar 3 recursos que atopei na web e vou a falaros un pouco sobre estes.

Recurso 1: Vídeo explicatorio
Para comenzaren, vos traio un pequeno video onde se explica as diferentes intelixencias múltiples coñecidas, comezando coa súa orixe da teoría das intelixencias múltiples con Howard Garner e a aportación de Daniel Goleman da intelixencia emocional e logo profundizando de que vai cada una e os beneficios que conleban educando para as diferentes intelixencias. Cabe resaltar o mensaxe que este video dá ao comezo e que xa fixen incapé na miña opinión sobre este tema, que é o que una nota dun examen non indica que alguén sexa superior intelectualmente, senón que destaca nun tipo de intelixencia, mentres que tí sobresaes noutra.

Espero que vos guste, un saúdo.

Recurso 2: A escola da natureza

Como segundo recurso os traio una fábula que trata metafóricamente sobre as intelixencias multiples, a cal trata sobre un grupo de animais que fundan unha escola. Esta pequena historia comeza así:

Érase unha vez, fai moitísimo tempo, os animais decidiron que debían facer algo heroico para enfrentarse cos problemas do «novo mundo», de modo que organizaron unha escola.
Adoptaron un programa de actividades composto de atletismo, escalada, natación e vóo. Para facilitar a administración do programa, todos os animais apuntaronse en todas as actividades.
O pato era excelente en natación, e incluso mellor có seu instructor, pero en canto ao voo, as súas notas apenas permitieronlle pasar y en atletismo era un desastre. Como era tan lento correndo, tivo que quedarse despois da clase, e incluso deixó de nadar para practicar a conciencia. Esta situación mantívose ata que se lle desgastaron as membranas das patas y terminou nadando cunha velocidad discreta. Pero como na escuela o seu nivel era aceptable a nadie preocupoulle o asunto, salvo ao pato.
O coello empezou siendo o primeiro da clase en atletismo, pero sufriu un colapso nervioso porque tanta natación deixoulle esgotado.
A ardilla era unha escaladora excelente ata que se frustrou na clase de voo libre, onde o seu instructor fíxolle empezar remontándose dende o solo, en vez de descender dende as copas das árbores. Ademáis, sufriu una contractura muscular por exceso de exercicio que se traduciu en notas moi baixas tanto en escalada como en atletismo.
A águia, alumna problemática por excelencia, foi severamente castigada.
Na clase de escalada venceu a todos os demáis chegando primeira á cima da árbore, pero insistiu en chegar alí á súa maneira.
Ao finalizaren o ano, unha anguila anormal capaz de nadar asombrosamente ben e ademáis de correr, trepar y voar un poco, obtivo o promedio máis alto e concederonlle o discurso de despedida.
Os cans salvaxes non quixeron ir á escola e deixaron de pagar impostos porque a administración non quixo incluir no programa de estudos actividades como excavar e facer madrigueiras. Puxeronse a ensinar aos seus cachorros cun teixón e máis adiante unironse ás marmotas e as ardillas de terra para comezar unha selectísima escola privada.

¿Tiene alguna moraleja esta fábula?
Na miña opinión esta breve fábula fai unha pequena crítica ao noso sistema de educación actual, na cal ensinase aos alumnos sen ter en conta ás capacidades dos seus alumnos (como a ardilla que non pode voar polo feito que non ten ninguna capacidade/aptitude que lle permita facelo). Todas as persoas destacan nun ámbito, pero tamén é necesario ter certas nocións nos outros ámbitos da intelixencia como no caso da anguila. Ademáis, no final, fai referencia á ensinanza máis individualizada co caso da escola privada dos cans, tendo en conta os seus puntos fortes e sacarlles o máximo proveito posible.

Recurso 3: Breve descripción das intelixencias


Para rematar, os traio unha imaxe que coas distintas intelixencias descubertas ata agora e cadansúas características, das cales vou comentaros un pouco debaixo da imaxe unha por unha.


Seguíndo a orde desta, empezamos coa lingüítica. Esta fai referencia a capacidade que domina a linguaxe e a comunicación, pero non únicamente na oral, senón tamén na gestual, na escrita, etc.

Na intelixencia lóxico-matemática, como pódese observar, non só fai referencia á capacidade da resolución de problemas matemáticos, tamén fai referencia á capacidade de razoamento, tanto crítica como na de creación de hipóteses e comprobar a súa vericidade mediante a experimentación.

A visual-espacial acapara a habilidade para poder observar o mundo e os obxetos dende diferentes perspectivas (a cal faise referencia como o apartado de ubicación da imaxe). Ademáis, os que destacan neste tipo de intelixencia soen ter capacidades as cales lles permiten idear imáxenes mentais, debuxar e detectar detalles, ademáis dun sentido personal pola estética.

A intelixencia corporal encargase das habilidades que se requiren para empregar ferramientas ou para expresar certas emocións que representan un aspecto esencial no desarrollo de todas as culturas da historia.

Na intelixencia musical, como o seu propio nome indica, fai referencia á música, pero non só no ámbito instrumental (sexa tocar un instrumento ou cantar),  xa que estudos sobre o desarrollo infantil suxiren que existe unha habilidad natural e unha percepción auditiva innata na primeira etapa da infancia ata que existe a habilidade de interactuar con instrumentos xa mencionada.

A intelixencia interpersonal permitenos interpretar as palabras ou xestos, ou os obxetivos y metas de cada discurso, é dicir, é a que evalúa a capacidade para empatizar cós demáis. Isto é moi importante xa que a súa habilidade axuda a detectar e entender as circunstancias e problemas dos demáis.

A intelixencia intrapersonal encargase do coñecemento dos aspectos internos da propia persoa. É a máis privada (referido a intimidade) de todas. A diferencia da interpersonal ,a cal permitenos comprender e traballar cos demáis, a intrapersonal pemitenos comprendernos mellor e traballar con unho mismo.

Por último, atopamos a naturalista a cal empregamos cando observamos a natureza ou os elementos que atopamos ao noso arredor. descríbese como a competencia para percibir as relacións existentes entre as varias especies ou grupos de obxetos e persoas, así como recoñecer e establecer semellanzas e diferencias entre eles.

Conclusións
A búsqueda de recursos é moi sinxela e unha gran ferramenta, xa que non é moi costoso encontralos e ten unha gran utilidade dentro da aula e pode darlle un novo enfoque que un libro de texto non lle podería dar. 

Ficha dos recurso: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario