Atopámonos o día de hoxe aquí para facer unha pequeniña reflexión sobre o proceso de búsqueda de recursos dixitais para traballar as intelixencias múltiples na aula. Antes de nada queremos decir, que esta tarefa de mergullarnos na rede e buscar recursos nos foi moi útil e nos parece fundamental para o noso futuro como mestres de Educación Primaria, xa que nos permite traballar coas TIC na aula dunha forma totalmente natural e productiva.
En verdade a tarefa foi sinxela debido a que son múltiples as páxinas que se nos proporcionaban, tanto as que había na plataforma FAITIC como as que fomos atopando a medida que nos mergullabamos. O único problema que atopamos foi a excasa, ou inexistente, existencia de recursos dixitais en lingua galega. A gran totalidade dos recursos que vimos estaban completamente en castelán.
Todos estes recursos empregarémolos no noso proxecto xa que pensamos que lle dará máis dinamismo a este e axude a amenizalo aún máis. Esperamos que vos guste moito!
Enviámosvos unha forte aperta, vemonos en seguintes publicacións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario