sábado, 8 de abril de 2017

recursos creados pablo

Moi boas a todas e todos!

Despois dunha pequerrecha tempada sen publicacións, volvo estar por aquí. Hoxe vai ser un día importante para o blog, xa que realizarei, dende o meu punto de vista, unha das publicacións máis importantes. Nesta publicación falareivos dunha serie de recursos TIC para traballar na aula que están feitos por min. Habrá recursos TIC multimedia e interactivos e outros que se poden imprimir e trabalar na aula.

Sen máis vamos a falar do primeiro recurso. Este, é un crucigrama que realicei coa aplicación web de Educaplay Con este crucigrama intentei traballar a intelixencia lingüística así como a visual. Consiste nunha serie de preguntas tanto con imaxe como con texto para que o alumnado complete. O tema que elexin foi o das capitais europeas.

https://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2974910/crucigrama_capitais_europeas.htm



O segundo recurso do que vos falarei foi feito con JisgawPlanet. Este trata sobre un rompe-testas. De fondo aparece un debuxo do patio dunha escola, pero pódese modificar e engadir todo tipo de imaxes ou debuxos.


http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=05b8c7532c8d



O terceiro recurso é un xogo. Este xogo realizarase por parexas e intentaremos mellorar as relaccións entre o alumnado. Cando un deles perde, a ferramenta TIC realizará unha pregunta que debe ser ben respondida para poder seguir xogando. Se un dos membros non a sabe debe consultala rápidamente co seu compañeiro ou na rede, para así poder seguir coa interesante partida na que estaban. Esta ferramenta foi realizada con ClassTools.

http://www.classtools.net/pongy/201705_YSc5Ki



Por último, e non menos importante, temos un xogo tamén realizado en EducaPlay que trata sobre os antónimos. O alumnado deberá emparexar unha serie de antónimos bastante sinxelos, tera un máximo de dous erros. Ademáis tamén hai tempo para facelo, o cal complica un pouquiño máis a tarefa.

https://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2990513/html5/busca_os_antonimos.htm



Recoidai que para entrar nos exercicios tan só debedes facer un click sobre as fotos! Espero que vos sexan útiles e que vos gusten moitooooo ;)







miércoles, 5 de abril de 2017

Actividades multimedia javier

Mapa conceptual
Puzzle
Sopa de letras

Crucigrama


Mapa conceptual

Boas de novo! hoxe traio a última actividade interactiva que fixen. Trátase dunha páxina web coa que podes realizar mapas conceptuais do que ti queiras, e é moi sinxelo de usar: Tras rexistrarte vas a crear un novo mapa, ao que lle terás que pór un título, e elexir a apariencia coa que queres que aparezca. Unha vez feito esto verás o título que lle puxeches ao mapa e logo ti engades ramas que necesites empregar e escribir nelas o que queiras. Eu os vou dixar esta que eu fixen, e deixaré o link da páxina aquí. Espero que vos guste.