miércoles, 29 de marzo de 2017

Puzzle

Hoxe os vou a amosar unha web coa que podes crear puzzles coas imaxes que ti queiras e moi sinxela de hacer: só tes que escoller a imaxe que queiras empregar, porlle un título, escoller o número de pezas, a súa forma e a forma de estas e listo, xa tes o teu propio puzzle propio. Se queres facer o que eu os propoño clicade na imaxe.

martes, 28 de marzo de 2017

Análise de ferramentas TIC: 1,2,3 a túa WebQuest (Pablo)

Weeeelcomeeee de novo amigas e amigos!

Hai algo máis dunha semaniña analizaba a ferramenta Kubbu, a cal vos invito a visitar se aínda non o fixestes. Hoxe é o turno de 1, 2, 3 a túa WebQuest.

A comezos deste mes, os meus compañeiros Javier e Brais e un servidor, publicamos a WebQuest que fixemos tratando o tema das intelixencias múltiples, que ben sei que tanto vos gusta. Para realizar aquela web utilizamos a ferramenta WebQuest Creator 2. A pesar dos problemas que tivemos para rexistrarnos, temos que decir que unha vez dentro a utilización é moi sinxela grazas a axuda dos exemplos que trae. O mesmo nos pasou coa ferramenta de 1, 2, 3 a túa WebQuest. O rexistro foi algo latoso e deu algún que outro problemiña, pero unha vez rexistrados foi todo moi doado. Gustounos moitos que a páxina estivese dispoñible en galego, ao igual que en moitos outros idiomas.

Persoalmente gustoume máis WebQuest Creator 2 que 1, 2, 3 a túa WebQuest, pero para gustos as cores. Espero que provedes as duas e me comentedes por aquí cales foron as vosas impresións.

Moitas gracias pola vosa atención cibercompañeiros/as!

martes, 21 de marzo de 2017

Crucigrama

Boas de novo!
Hoxe vos traio un crucigrama que vos fixen sobre os tipos de intelixencias. Para esta empregamos Crossover Puzzle GameStop, noque simplemente tes que pór as palabras que quieres que aparezan e as pistas para adiviñar estas, logo lle das a crear e xa estaría. Creariase automáticamente. Eu os propoño realizar o seguinte te crucigrama. Espero que vos guste.

martes, 14 de marzo de 2017

Sopa de letras

Boas a todos!!
Hoxe vos traio unha sopa de letras feito por mín para que vos entreteñades. Esta sopa de letras está feito dende unha paxina web que vos deixo aquí na que para facelo só tes que pór as palabras que queres que aparezcan e por as dimension da sopla segun o número de letras que queres que teña de alto e de ancho. Para facer a sopa que vos propuxen clickeade na imaxe.


Análise de ferramentas TIC: Kubbu (Pablo)

Weeeeelcomeeee!

Estamos por aquí de novo amigas e amigos, esta vez para falar un pouco sobre algunhas ferramentas TIC que ben seguro vos serán moi útiles.

A primeira ferramenta da que falaremos será Kubbu (sí, seino, o nome é gracioso e foi o que fixo que me entrase a curiosidade de entrar nesta web). Esta ferramenta permítenos xerar cuestionarios, crucigramas e xogos de emparexar cos que se pode traballar de forma online ou descargalas e utilizalas de forma impresa. Aínda que é doado crear actividades en kubbu e a páxina web funciona xenial, atopámonos con un problema, cando menos para min importante. Este problema é que a páxina só está en inglés e isto limítanos a hora de comprender todas as utilidades e opcións que nos permite a ferramenta. Outra pequena traba a esta ferramenta é o seu rexistro, xa que tiven algúns problemas para a validación do correo. Con todo isto, admito que deixando de lado estes pequerrochos problemas e unha ferramenta moi útil.

Déixovos unha fotiño da web, recordade que para entrar nela tan só tedes que facer click na imaxe!


miércoles, 8 de marzo de 2017

WebQuest 2.0

Cucuuuuu ciberamigas e ciberamigos!

Despois dun breve parón de algo menos dunha semaniña voltámos para seguir dándolle caña as TIC e as intelixencias múltiples, porque sabemos que vos gustan tanto como a nós.

Hoxe amosámosvos unha WebQuest feita totalmente por nos, nas que poderedes indagar a través da realización dunha actividade algo máis sobre este tema que tanto nos gusta. A realización levaravos unhas horiñas, pero abofé que aprenderedes moito!

Sen máis deixámosvos por aquí unha imaxen da web, recordade que para entrar nela tan só debedes premer co rato encima da imaxe!

PD: Recomendámoslles botar unha ollada a última publicación, a do StopMotion, xa que igual vos da algunha pistiña para realizar a tarefa ;)