viernes, 12 de mayo de 2017

Despedida. Brais.

Bos días por última vez.

Nesta entrada voume despedir brevemente deste blog. Espero que este pequeno viaxe que levamos facendo os últimos 3 meses fora tan enriquecedor e divertido para vos como para min. Creo que conseguimos traballar dunha maneira máis divertida e en contacto directo coas TIC un tema tan interesante como o das intelixencias múltiples. Polo tanto sen máis dilación digovos adeus.

Evaluación de las Presentaciones (Brais)

Moi boas!

No día de hoxe vou facer unha pequena valoración das presentación dos meus compañeiros/as. Todas estaban moi traballadas e constaban dunha presentación a nivel de formato moi chula. Tivemos de todo, power point, prezi, gloster. O máis entretenido na miña opinión foi o recurso audiovisual de todos, na maioria stopmotion. En particular destaco o dun grupo en concreto, que ademáis de facer o recurso tamén noutra entrada subiron o mesmo stopmotion, pero esta vez o realizaron con lenguaxe de signos.

miércoles, 10 de mayo de 2017

Despedimos xa

Boas a todos por última vez!!

Remata o cuatrimestre e toca ir despedirse xa que o blog rematará aquí. Durante todo este curso estivemos deenrolando actividades para a realización do proxecto final o cal remataríamos presentando no. Esto nos servíu para darnos cona de que empregando as novas tecnoloxías captaremos máis a atención dos nosos alumnos, xa que cando nos toque ensinar a nós serán todos, como xa nos explicaron, nativos dixitales. Con estas amenizaremos explicacións e aprenderan dunha maneira máis productiva os conceptos que queremos ensinales mediante vídeos pedagógicos e actividades interactivas multimedia.Este cuatrimestre axudounos a desenvolvernos mellor nas tecnoloxías, para así dominalas e empregalas empleando todo o potencial que estas nos poden otorgar. A sido unha gran experiencia e espero ser capaz de emplealas cando me toque a mín daras clases. Este será a miña última publicación neste blog e espero que non sexa o último que realize.

Un saudo e ata sempre!

Opinión das exposicións (Javier)

Na miña opinión todas as presentacións estuveron bien. Ao tratar temas diferentes é difícil evaluar xa que todas aportan algo nuevo, como la atención a la diversidad en las tics dentro del aula, complementar tics y educación física, etc. Además el videotutorial del consumismo y los stopmotion de los demás compañeros se nota que estaban bien hechos, destacando el hacer el mismo stopmotion pero uno con son e outro mediante lenguaje de signos para a atención da diversidad do grupo 4.2 Como pequena conclusión, é díficil evaluar como xa dixen antes, e creo que todos estes blogs poden ser compaginables entre si e aportarión algo novo dentro das aulas.

Despedida (Pablo)

Moi boas, por última vez amigos e amigas!

Hoxe é un día moi especial para min. Moi especial porque con esta publicación concluío un traballo de catro meses realizado na materia de Novas Tecnoloxías. Estou triste, por unha parte, debido a que esta foi das materias que máis me gustou do cuatri e creo que aprendin un senfin de cousas. Pero tamén estou contento, contento por todo o que realicei. Teño que admitir que os ordenadores e todo este mundo non é para nada o meu, é so usaba o portatil para navegar na rede e ver pelis. Grazas a esta materia comprendin a gran importancia que as novas tecnoloxías e as TIC teñen para a educación. Comprendin que en poucos minutos se pode realizar unha actividade multimedia moi interesante, para que o alumnado non se aburra na clase. Comprendin que existe un senfin de información na rede, de todo tipo e para todos os tipos. Comprendin que é totalmente necesario o usa das TIC como futuros docentes. E comprendín, por último, que endexamais esquecerei este blog!

http://educacionantibullying.weebly.com/uploads/5/5/0/4/55045177/2586187_orig.jpg

Espero que vos gustase todo o traballo que realicei. Sei que quizás non é o mellor do mundo, nin descubrín a pólvora nin son o novo Steve Jobs, pero asegúrovos que todas as publicacións foron feitas con toda a ilusión e constancia posible.

Isto non é un adeus, é un atalogo!

martes, 9 de mayo de 2017

Evaluación de las Presentaciones (Pablo)

Bonjooooour!

Esta experiencia do blog está chegando ao su fin. Hoxe tocarame falar un chis sobre os proxectos dos meus compañeiros. No día de onte, estivemos expondo todos os traballos que fixemos e a verdade e que quedei gratamente sorprendido. Sorprendido porque comezamos o curso sen apenas saber facer nada, eu non sabía case nin o que era un blog, e rematamolo creando actividades e recursos moi interesantes. Pareceme de vital importancia que o profesorado teña competencias no uso das TIC, e quedome moi tranquilo sabendo o que os meus compañeiros e eu aprendimos nesta materia. O que máis me gustou foi a parte dos recursos audiovisuais, xa que houbo algúns que me deixaron os pelos de punta! Como parte negativa, podemos falar da presentación oral, debido a que algún grupo, xa sexa polos nervios ou pola incertidumbre, non o fixo moi alá. Estamos en primeiro ano de carreira, e iso ha de correxirse pouco a pouco!



https://caballodefuego.files.wordpress.com/2015/04/ingreso-a.jpg 




Sen máis, deixovos por hoxe. Espero que vos gustase case toda a publicación do blog, porque como xa dixen... isto esta a rematar!

jueves, 4 de mayo de 2017

Recursos Brais.

Bos días, no día de hoxe vamos a traballar varias actividades mediante ferramentas interactivas que nos axuden a parte de mellorara no aspecto especificado, nas nosas habilidades coas TIC.

Mandalas
A primeira actividade vai para todos os públicos, é unha actividade de relaxación que traballa a focalización e a capacidade de atención moi útil para nenos con dificultades ou necesidades especiais como poden ser rapaces con TDAH. Esta ferramenta nos proporciona directamente os mandalas xa feitos.



GenMagic

A segunda actividade de hoxe ven dada grazas a unha ferramenta que interactivamente nos permite traballar e mellorar a observación a atención, é unha actividade que ten moito que ver coa anterior referido aos aspectos que traballa pero cunha metodoloxía totalmente diferente.




Printable world mapes

Esta actividade garantiza o traballo da xeografía, mellorando a nosa competencia espacial e de situación. Xa que grazas a esta ferramenta podemos crear un  mapa mudo de calquera parte do mundo e traballar con esta pintando neles de maneira interactiva coas TIC. A actividade trata sobre seleccionar un país ou continente, colorear as partes que dispoñen de sistemas montañosos.


Xerador de actividades para o traballo das horas

Para rematar coas ferramentas interactiva vou deixar unha última actividade, con esta facilitaremos aos  alumonos/as o traballar coas horas de unha maneira máis atractiva. Os reloxes estarán feitos pola ferramenta cunha hora posta debaixo, o que se trata de que oa alumnos/as poñan as agullar na posición correcta.


Análise de ferramentas. Xerador de exercicios matemáticos. Brais.

Boas tardes fieis seguidores!

Xerador de exercicios matemáticos.

Hoxe vou ensinarvos unha pequena ferramenta que que reforzará a competencia/intelixencia matemática dunha forma moi básica e sencilla. Grazas a esta podemos crear de maneira moi rápida unha gran variedade de exercicios que traballan os números naurais.

Recurso de Apoio a Exposición

Ola caracolaaaa!

Por aquí vos deixamos o recurso que utilizamos de apoio a nosa exposición. Tiñades que vernos... vaia nervios antes de comezar! Por sorte, fómonos soltando pouco a pouco a medida que ía transcurrindo o tempo e a verdade e que estamos moi contentos co resultado.

Esperamos que vos guste a exposición!


miércoles, 3 de mayo de 2017

Análise de recursos. Calendar.(Brais)

Bos días a todos e todas!

Calendar

Con esta ferramento os deixo o remedio para non volver esquecer ningún cumpleanos, traballo ou exame. Grazas a esta maravilla poderemos gozar de calendarios en papel diseñados coas nosas preferencias. Aquí os deixo ó enlace a ferramenta e resultado basado nos meus gustos persoais.





Análise de ferramentas TIC: Gloster (Pablo)

Welcome de novo mundo!

Hoxe toca por fin a esta serie de análise de ferramentas TIC. A verdade e que foi unha tarefa que me gustou moito. Puiden ollar moitas e aprender infinidade de "truquillos" para desenvolver xeniais actividades na aula.

Sen perder máis tempo, procedamos a falar de Gloster. Sí, sonabos o nome. Anteriormente, meus compañeiros e eu xa realizamos unha actividade con esta ferramenta na cal creamos un estupendo poster con varios recursos, o cal vos convido a visitar se aínda non o fixestes facendo click aquí.

Como ven sendo costume, non me gusta nada iso de rexistrarme. Prefiro aquelas ferramentas nas que non se hai que rexistrar, debido a que o proceso de creación e moito mais simple e doado. Aínda así, o rexistro en Glogster é bastante rápido. Unha vez dentro hai milleiros de posibilidades de realizar o poster, o cal me encanta. É unha ferramenta moi recomendable para facer exposición para os mais e as mais pequerrechas, xa que se es unha persoa creativa abofé que podes realizar algo increible.

Por último engadir que non puiden probar a aplicación para dispositivos móbiles, pero estiven lendo comentarios en App Store e dis que din que é case identico o seu manexo ao da páxina web

Espero que me deixedes por aquí algunha das vosas creacións, que ben seguro son fermosas!

Un saudiño :)

Análise de ferramentas. Bingo Card Maker.(Brais)

Moi boas cibernautas!
Neste nova entrada vou compartir con vos un ferramenta moi interesante chamada  Bingo Card Maker, con esta poderemos crear cartóns de bingo con celdas de 3x3 eou 5x5. Esta é un ferramenta que eu particularmente utilizo moito xa que é unha estupenda manera de pasar o tempo cos amigos ou familiares. O único que criticaria desta apicación son as súas limitadas formas de crear os cartóns.

martes, 2 de mayo de 2017

Análise de ferramentas TIC: Mixbook (Pablo)

Moi boas!

Estamos aquí para seguir coa análise dalgunhas ferramentas TIC para a creación de recursos. Hoxe é o turno de MixBook, o cal nos permite realizar un libro dixital de fotografías. Estas fotografías poden ser recopiladas da nosa propia galeria, o que é xenial debido a que podemos subir todas as que desexemos, ou ben dunha ampla colección que nos ofrece a páxina.

O mellor desta ferramenta, dende o meu punto de vista, e que se pode utilizar nun ordenador mediante a súa páxina web, ou ben descargar a aplicación e utilizala dende calquer dispositivo móbil ou tablet. A aplicación permitenos sacar fotos e engadilas o book de forma case instantánea.

Por outra banda, creo que a parte máis negativa e que debes de rexistrarte para poder traballar con esta ferramenta, tanto na sua versión web como na aplicación. Isto fai que perdas moito tempo. Así mesmo, tampouco me gustou que non este a páxina en galego ou en castelán. Tan só se pode utilizar en inglés.

Espero que lle botedes un ollo, e vos sexa util. Comentai que foi o que vos pareceu!

Vemonos en seguinte publicacións :)

Análise de ferramentas TIC: Tikatok (Brais)

Bos días fieis seguidores!

Tikatok

Aquí deixovos un recurso que me parece moi interesante ó para que útil. Con esta ferramenta podemos crear nun periquete un pequeno libro ou conto sobre o tema que escollamos. En particular a min este recurso gustame moito xa que podemos seguir fomentando a lectura e a escritura aos nenos e nenas dun xeito no que tamén están en continuo contacto coas TIC.




sábado, 8 de abril de 2017

recursos creados pablo

Moi boas a todas e todos!

Despois dunha pequerrecha tempada sen publicacións, volvo estar por aquí. Hoxe vai ser un día importante para o blog, xa que realizarei, dende o meu punto de vista, unha das publicacións máis importantes. Nesta publicación falareivos dunha serie de recursos TIC para traballar na aula que están feitos por min. Habrá recursos TIC multimedia e interactivos e outros que se poden imprimir e trabalar na aula.

Sen máis vamos a falar do primeiro recurso. Este, é un crucigrama que realicei coa aplicación web de Educaplay Con este crucigrama intentei traballar a intelixencia lingüística así como a visual. Consiste nunha serie de preguntas tanto con imaxe como con texto para que o alumnado complete. O tema que elexin foi o das capitais europeas.

https://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2974910/crucigrama_capitais_europeas.htm



O segundo recurso do que vos falarei foi feito con JisgawPlanet. Este trata sobre un rompe-testas. De fondo aparece un debuxo do patio dunha escola, pero pódese modificar e engadir todo tipo de imaxes ou debuxos.


http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=05b8c7532c8d



O terceiro recurso é un xogo. Este xogo realizarase por parexas e intentaremos mellorar as relaccións entre o alumnado. Cando un deles perde, a ferramenta TIC realizará unha pregunta que debe ser ben respondida para poder seguir xogando. Se un dos membros non a sabe debe consultala rápidamente co seu compañeiro ou na rede, para así poder seguir coa interesante partida na que estaban. Esta ferramenta foi realizada con ClassTools.

http://www.classtools.net/pongy/201705_YSc5Ki



Por último, e non menos importante, temos un xogo tamén realizado en EducaPlay que trata sobre os antónimos. O alumnado deberá emparexar unha serie de antónimos bastante sinxelos, tera un máximo de dous erros. Ademáis tamén hai tempo para facelo, o cal complica un pouquiño máis a tarefa.

https://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2990513/html5/busca_os_antonimos.htm



Recoidai que para entrar nos exercicios tan só debedes facer un click sobre as fotos! Espero que vos sexan útiles e que vos gusten moitooooo ;)







miércoles, 5 de abril de 2017

Actividades multimedia javier

Mapa conceptual
Puzzle
Sopa de letras

Crucigrama


Mapa conceptual

Boas de novo! hoxe traio a última actividade interactiva que fixen. Trátase dunha páxina web coa que podes realizar mapas conceptuais do que ti queiras, e é moi sinxelo de usar: Tras rexistrarte vas a crear un novo mapa, ao que lle terás que pór un título, e elexir a apariencia coa que queres que aparezca. Unha vez feito esto verás o título que lle puxeches ao mapa e logo ti engades ramas que necesites empregar e escribir nelas o que queiras. Eu os vou dixar esta que eu fixen, e deixaré o link da páxina aquí. Espero que vos guste.


miércoles, 29 de marzo de 2017

Puzzle

Hoxe os vou a amosar unha web coa que podes crear puzzles coas imaxes que ti queiras e moi sinxela de hacer: só tes que escoller a imaxe que queiras empregar, porlle un título, escoller o número de pezas, a súa forma e a forma de estas e listo, xa tes o teu propio puzzle propio. Se queres facer o que eu os propoño clicade na imaxe.

martes, 28 de marzo de 2017

Análise de ferramentas TIC: 1,2,3 a túa WebQuest (Pablo)

Weeeelcomeeee de novo amigas e amigos!

Hai algo máis dunha semaniña analizaba a ferramenta Kubbu, a cal vos invito a visitar se aínda non o fixestes. Hoxe é o turno de 1, 2, 3 a túa WebQuest.

A comezos deste mes, os meus compañeiros Javier e Brais e un servidor, publicamos a WebQuest que fixemos tratando o tema das intelixencias múltiples, que ben sei que tanto vos gusta. Para realizar aquela web utilizamos a ferramenta WebQuest Creator 2. A pesar dos problemas que tivemos para rexistrarnos, temos que decir que unha vez dentro a utilización é moi sinxela grazas a axuda dos exemplos que trae. O mesmo nos pasou coa ferramenta de 1, 2, 3 a túa WebQuest. O rexistro foi algo latoso e deu algún que outro problemiña, pero unha vez rexistrados foi todo moi doado. Gustounos moitos que a páxina estivese dispoñible en galego, ao igual que en moitos outros idiomas.

Persoalmente gustoume máis WebQuest Creator 2 que 1, 2, 3 a túa WebQuest, pero para gustos as cores. Espero que provedes as duas e me comentedes por aquí cales foron as vosas impresións.

Moitas gracias pola vosa atención cibercompañeiros/as!

martes, 21 de marzo de 2017

Crucigrama

Boas de novo!
Hoxe vos traio un crucigrama que vos fixen sobre os tipos de intelixencias. Para esta empregamos Crossover Puzzle GameStop, noque simplemente tes que pór as palabras que quieres que aparezan e as pistas para adiviñar estas, logo lle das a crear e xa estaría. Creariase automáticamente. Eu os propoño realizar o seguinte te crucigrama. Espero que vos guste.

martes, 14 de marzo de 2017

Sopa de letras

Boas a todos!!
Hoxe vos traio unha sopa de letras feito por mín para que vos entreteñades. Esta sopa de letras está feito dende unha paxina web que vos deixo aquí na que para facelo só tes que pór as palabras que queres que aparezcan e por as dimension da sopla segun o número de letras que queres que teña de alto e de ancho. Para facer a sopa que vos propuxen clickeade na imaxe.


Análise de ferramentas TIC: Kubbu (Pablo)

Weeeeelcomeeee!

Estamos por aquí de novo amigas e amigos, esta vez para falar un pouco sobre algunhas ferramentas TIC que ben seguro vos serán moi útiles.

A primeira ferramenta da que falaremos será Kubbu (sí, seino, o nome é gracioso e foi o que fixo que me entrase a curiosidade de entrar nesta web). Esta ferramenta permítenos xerar cuestionarios, crucigramas e xogos de emparexar cos que se pode traballar de forma online ou descargalas e utilizalas de forma impresa. Aínda que é doado crear actividades en kubbu e a páxina web funciona xenial, atopámonos con un problema, cando menos para min importante. Este problema é que a páxina só está en inglés e isto limítanos a hora de comprender todas as utilidades e opcións que nos permite a ferramenta. Outra pequena traba a esta ferramenta é o seu rexistro, xa que tiven algúns problemas para a validación do correo. Con todo isto, admito que deixando de lado estes pequerrochos problemas e unha ferramenta moi útil.

Déixovos unha fotiño da web, recordade que para entrar nela tan só tedes que facer click na imaxe!


miércoles, 8 de marzo de 2017

WebQuest 2.0

Cucuuuuu ciberamigas e ciberamigos!

Despois dun breve parón de algo menos dunha semaniña voltámos para seguir dándolle caña as TIC e as intelixencias múltiples, porque sabemos que vos gustan tanto como a nós.

Hoxe amosámosvos unha WebQuest feita totalmente por nos, nas que poderedes indagar a través da realización dunha actividade algo máis sobre este tema que tanto nos gusta. A realización levaravos unhas horiñas, pero abofé que aprenderedes moito!

Sen máis deixámosvos por aquí unha imaxen da web, recordade que para entrar nela tan só debedes premer co rato encima da imaxe!

PD: Recomendámoslles botar unha ollada a última publicación, a do StopMotion, xa que igual vos da algunha pistiña para realizar a tarefa ;)





sábado, 25 de febrero de 2017

Recurso Audiovisual: StopMotion sobre as Intelixencias Múltiples

Ola caracolaaaaa!

Que tal amigos e amigas? Botástesnos de menos esta última semana? Sí, xa o sabemos... nos tamén! E por iso estamos aquí, para agasallarvos con un novo vídeo sobre un estupendo recurso audiovisual realizando totalmente por nós. Este recurso é un stopmotion.

Seguramente moitos de vos esteandes a preguntarvos que é iso dun stopmotion... Ben, un stopmotion é un vídeo no cal se realizaron varias imaxes dende unha posción fixa e estática. En cada imaxe, vese un cambio ou movemento, logrando que cando se xuntes varias surxa un efecto moi semellante a que se estuveran grabando.

Para realizar este vídeo utilizamos máis de 800 fotografías! Asique esperamos que valorendes o noso esforzo e lle deades like ahora vídeo en youtube e o compartades!

Vémonos en seguintes publicacións!


miércoles, 22 de febrero de 2017

Comentario stopmotion (javier)

Boas a todos! Hoxe os vou falar sobre o recurso multimedia que hemos decidido escoller para realizalo no noso blog: o stop motion. Este consiste en realizar fotos seguidas haciendo pequeñas variación para que logo montando un vídeo con toas elas de seguido faga un efecto dinámico, de movemento. Este mesmo efecto é empregado nas famosas películas e Tim Burton e nos paareceu una gran idea. Nós temos pensado empregar este método para explicar de maneira máis amena en que consisten as actividades múltiple, ademáis de que será unha nova experiencia para o noso grupo, xa que nunca fixemos unha actividade deste estilo.

Comentario stopmotion (Brais)

Comentario stopmotion (Pablo)

Cucuuuuuuuuuu!

Tic, tac, tic, tac, tic, tac...

Que tal todo amigos? Esta publicación adicareina para falarvos un pouco sobre o stopmotion que realizamos. A verdade é que nos levou bastante traballo, quizás debido a ignorancia de manipular ferramentas como o Sony Vegas ou o iMovie. Foi bastante doado de facer. Eu fun o encargado de recortálas letras, máis de escribir. Si... xa sei que non teño a mellor letra do mundo, pero creo que non quedou tan mal!

Sacamos máis de 800 fotos para realizar un traballo final de 3 minutiños que ben seguro vos gusta. O tema do stopmotion é o mesmo que do blog, as intelixencias múltiples. Nel explicamos un pouquiño cantas e cales son.

Por se hai algún despistado que aínda non o vise, deíxolles por aquí o vídeo!


A miña man de fondo e eu dámosvos a despedida!

Comentario stopmotion. Brais

Bos días!

O día de hoxe quero explicar un pouquiño a maneira na que fixemos o stopmotion e a miña valoración persoal. Este recurso é un dos máis entretidos, pero tamén o que máis traballo da realizar, estivemos unha semán enteira para facer os materiais cos que o levamos a cabo, duas para grabalo e finalmente unha tarde para xuntar todas as partes, introducir unha música divertida. O resultado final foi bastante satisfactorio polo que espero que realmente que o disfrutedes e vos sexa útil.

miércoles, 15 de febrero de 2017

Póster y reflexión sobre los recursos

Boas a todos, hoxe os traio un blog recuperando todos os recursos que fixemos entre os tres creadores deste blog, xuntando un total de 9 recursos nun mismo póster. Espero que vos guste.

Atopámonos o día de hoxe aquí para facer unha pequeniña reflexión sobre o proceso de búsqueda de recursos dixitais para traballar as intelixencias múltiples na aula. Antes de nada queremos decir, que esta tarefa de mergullarnos na rede e buscar recursos nos foi moi útil e nos parece fundamental para o noso futuro como mestres de Educación Primaria, xa que nos permite traballar coas TIC na aula dunha forma totalmente natural e productiva.

En verdade a tarefa foi sinxela debido a que son múltiples as páxinas que se nos proporcionaban, tanto as que había na plataforma FAITIC como as que fomos atopando a medida que nos mergullabamos. O único problema que atopamos foi a excasa, ou inexistente, existencia de recursos dixitais en lingua galega. A gran totalidade dos recursos que vimos estaban completamente en castelán.

Todos estes recursos empregarémolos no noso proxecto xa que pensamos que lle dará máis dinamismo a este e axude a amenizalo aún máis. Esperamos que vos guste moito!

Enviámosvos unha forte aperta, vemonos en seguintes publicacións!

miércoles, 8 de febrero de 2017

recurso brais

Moi boas tardes cibernautas!

O día de hoxe vamos intentar mellorar un pouquiño o noso ritmo a hora de traballar a intelixencia musical. Esta é unha das menos requeridas no ámbito escolar é unha das máis invisibles na vida cotiá. Tendo unha boa educación nesta disciplina dende pequeniños está demostrado que os nenos/as teñen menos dificultades na resolución de situacións academicas casuais como problemas matemáticos, exercicios físicos...Este  vídeo trata sobre unha metodoloxía de traballo desta intelixencia chamada batucado dende bebés ata nenos de 7 anos.



No día de hoxe os vou deixar un pequeno xogo onde trataremos de traballar un chisco a memoria.
Con este xogo axudamos a que os nenos/as traballen de formas divertidas o uso da memoria facendo que a clase sexa máis dinámica, desta maneira conseguimos que os nenos/as sen darse conta tamén traballen a capacidade de atención.




Nesta tarde quero que veades unha forma orixinal de traballar temas complicados como son a toma de decisións na vida e como a través destas novas tecnoloxía se nos ofrece unha vía estupenda de traballo. Os videoxogos son esta vía divertida para a mellora da intelixencia intrapersonal.







Recursos Pablo

Moi boas de novo cibercompañeiros/as!

Hoxe estou aquí para amosarvos uns cantos recursos dixitais para traballar iso das intelixencias múltiples na aula. Non perdades un só intre e estai moi antes xa que abofé vos sorprenderán!

O primeiro recurso que traemos é un vídeo para poder aprender un pouquiño de inglés e así poder comunicarnos con persoas de outros recunchos do mundo. Con esta divertida canción traballaremos a intelixencia musical e tamén a lingüistica, ademáis de pasar un agrabable rato cantando e bailando. Pódese utilizar este ferramenta tanto na aula como na casa, que agora cos dispotivos móbiles e tablets case que a podemos usar en calquer lugar!

Aquí vos queda o vídeo, espero que en seguintes publicación xa dominedes os verbos do inglés!




O segundo recurso que vos traigo será tamén super divertido! Agora e quenda de traballar un pouco coa intelixencia lingüística e de mirar que tal se nos da eso das sopas de letras. A plataforma educaplay, permitiranos realizar unha serie de divertidas sopas de letras con milleiros de palabras e dificultades. Polo de pronto xa hai quen deu resolto esta estupenda proba en menos dun minuto, espero que vos non sexades menos e nos contedes canto tardastes en rematar a sopa de letras. Para comezar tan só tedes que facer click na foto!





Por último, e non menos importante, traballaremos un pouquiño cos números. Ben sei que a moitos de nos non nos gustan nadiña as mates, menudo coñazo de materia! Pero todo isto agora empeza a cambiar coa axuda das TIC. O recurso que vos traigo e un estupendo xogo para os nosos queridos e inseparables móbiles, Agora as esperas no bus, no super, no médico serán moito máis entretidas co xogo Sushi Monster. Con este xogo poderemos traballar as mates dunha forma moi divertida, eu tiña algún problemiña coaa táboaa de multiplicar pero dende que descarguei este xogo domínoa a perfección. Afianzaremos os nosos coñecementos na resolución de contas matemáticas a través dun pequeno monstruo, inofensivo, que necesita comer... sushi, claro está. Para que o noso compañeiro de aventura poida comer sushi e non morrer de fame debemos resolver de forma correcta unha serie de operacións e problemas matemáticos que se nos plantexarán.

O xogo está dispoñible para Android e iOS, descargase nun intre e a diversión está 100% asegurada!




Espero que vos sexan de axuda estes recursos para traballar coas distintas intelixencias humanas, así como tamén espero ver nos comentarios algún dos vosos records, tanto no Sushi Monster coma nas Sopas de Letras. Os máis atrevidos podédes enviar un vídeo cantando en ingles!

Vémonos en seguintes publicacións, un ciber saudo para todas e todos vos!






Recursos javier

Boas queridos cibernautas! Hoxeos vou a amosar 3 recursos que atopei na web e vou a falaros un pouco sobre estes.

Recurso 1: Vídeo explicatorio
Para comenzaren, vos traio un pequeno video onde se explica as diferentes intelixencias múltiples coñecidas, comezando coa súa orixe da teoría das intelixencias múltiples con Howard Garner e a aportación de Daniel Goleman da intelixencia emocional e logo profundizando de que vai cada una e os beneficios que conleban educando para as diferentes intelixencias. Cabe resaltar o mensaxe que este video dá ao comezo e que xa fixen incapé na miña opinión sobre este tema, que é o que una nota dun examen non indica que alguén sexa superior intelectualmente, senón que destaca nun tipo de intelixencia, mentres que tí sobresaes noutra.

Espero que vos guste, un saúdo.

Recurso 2: A escola da natureza

Como segundo recurso os traio una fábula que trata metafóricamente sobre as intelixencias multiples, a cal trata sobre un grupo de animais que fundan unha escola. Esta pequena historia comeza así:

Érase unha vez, fai moitísimo tempo, os animais decidiron que debían facer algo heroico para enfrentarse cos problemas do «novo mundo», de modo que organizaron unha escola.
Adoptaron un programa de actividades composto de atletismo, escalada, natación e vóo. Para facilitar a administración do programa, todos os animais apuntaronse en todas as actividades.
O pato era excelente en natación, e incluso mellor có seu instructor, pero en canto ao voo, as súas notas apenas permitieronlle pasar y en atletismo era un desastre. Como era tan lento correndo, tivo que quedarse despois da clase, e incluso deixó de nadar para practicar a conciencia. Esta situación mantívose ata que se lle desgastaron as membranas das patas y terminou nadando cunha velocidad discreta. Pero como na escuela o seu nivel era aceptable a nadie preocupoulle o asunto, salvo ao pato.
O coello empezou siendo o primeiro da clase en atletismo, pero sufriu un colapso nervioso porque tanta natación deixoulle esgotado.
A ardilla era unha escaladora excelente ata que se frustrou na clase de voo libre, onde o seu instructor fíxolle empezar remontándose dende o solo, en vez de descender dende as copas das árbores. Ademáis, sufriu una contractura muscular por exceso de exercicio que se traduciu en notas moi baixas tanto en escalada como en atletismo.
A águia, alumna problemática por excelencia, foi severamente castigada.
Na clase de escalada venceu a todos os demáis chegando primeira á cima da árbore, pero insistiu en chegar alí á súa maneira.
Ao finalizaren o ano, unha anguila anormal capaz de nadar asombrosamente ben e ademáis de correr, trepar y voar un poco, obtivo o promedio máis alto e concederonlle o discurso de despedida.
Os cans salvaxes non quixeron ir á escola e deixaron de pagar impostos porque a administración non quixo incluir no programa de estudos actividades como excavar e facer madrigueiras. Puxeronse a ensinar aos seus cachorros cun teixón e máis adiante unironse ás marmotas e as ardillas de terra para comezar unha selectísima escola privada.

¿Tiene alguna moraleja esta fábula?
Na miña opinión esta breve fábula fai unha pequena crítica ao noso sistema de educación actual, na cal ensinase aos alumnos sen ter en conta ás capacidades dos seus alumnos (como a ardilla que non pode voar polo feito que non ten ninguna capacidade/aptitude que lle permita facelo). Todas as persoas destacan nun ámbito, pero tamén é necesario ter certas nocións nos outros ámbitos da intelixencia como no caso da anguila. Ademáis, no final, fai referencia á ensinanza máis individualizada co caso da escola privada dos cans, tendo en conta os seus puntos fortes e sacarlles o máximo proveito posible.

Recurso 3: Breve descripción das intelixencias


Para rematar, os traio unha imaxe que coas distintas intelixencias descubertas ata agora e cadansúas características, das cales vou comentaros un pouco debaixo da imaxe unha por unha.


Seguíndo a orde desta, empezamos coa lingüítica. Esta fai referencia a capacidade que domina a linguaxe e a comunicación, pero non únicamente na oral, senón tamén na gestual, na escrita, etc.

Na intelixencia lóxico-matemática, como pódese observar, non só fai referencia á capacidade da resolución de problemas matemáticos, tamén fai referencia á capacidade de razoamento, tanto crítica como na de creación de hipóteses e comprobar a súa vericidade mediante a experimentación.

A visual-espacial acapara a habilidade para poder observar o mundo e os obxetos dende diferentes perspectivas (a cal faise referencia como o apartado de ubicación da imaxe). Ademáis, os que destacan neste tipo de intelixencia soen ter capacidades as cales lles permiten idear imáxenes mentais, debuxar e detectar detalles, ademáis dun sentido personal pola estética.

A intelixencia corporal encargase das habilidades que se requiren para empregar ferramientas ou para expresar certas emocións que representan un aspecto esencial no desarrollo de todas as culturas da historia.

Na intelixencia musical, como o seu propio nome indica, fai referencia á música, pero non só no ámbito instrumental (sexa tocar un instrumento ou cantar),  xa que estudos sobre o desarrollo infantil suxiren que existe unha habilidad natural e unha percepción auditiva innata na primeira etapa da infancia ata que existe a habilidade de interactuar con instrumentos xa mencionada.

A intelixencia interpersonal permitenos interpretar as palabras ou xestos, ou os obxetivos y metas de cada discurso, é dicir, é a que evalúa a capacidade para empatizar cós demáis. Isto é moi importante xa que a súa habilidade axuda a detectar e entender as circunstancias e problemas dos demáis.

A intelixencia intrapersonal encargase do coñecemento dos aspectos internos da propia persoa. É a máis privada (referido a intimidade) de todas. A diferencia da interpersonal ,a cal permitenos comprender e traballar cos demáis, a intrapersonal pemitenos comprendernos mellor e traballar con unho mismo.

Por último, atopamos a naturalista a cal empregamos cando observamos a natureza ou os elementos que atopamos ao noso arredor. descríbese como a competencia para percibir as relacións existentes entre as varias especies ou grupos de obxetos e persoas, así como recoñecer e establecer semellanzas e diferencias entre eles.

Conclusións
A búsqueda de recursos é moi sinxela e unha gran ferramenta, xa que non é moi costoso encontralos e ten unha gran utilidade dentro da aula e pode darlle un novo enfoque que un libro de texto non lle podería dar. 

Ficha dos recurso: 

miércoles, 1 de febrero de 2017

Consulta de proxectos (Javier)

Boas a todos!!

Hoxe vou a faceros unha reflexión sobre o proxecto que vamos a desenrolar coas actividades que vaiamos realizando durante este cuatrimestre. Escollimos realizar un e-book xa que, na miña opinión, é a máis sinxela porque nunca tiven a experiencia de interactuar cunha pizarra dixital ou unha tablet dentro do aula, polo que non podería sacale o máximo proxecto a estes utensilios. En canto as outras dous opcións restantes (a parte da escollido) tratanse dun xornal/revista escolar dixital ou realizar recursos audiovisules. En canto a estes vexo unha melor ventaxa ó e-book xa que nel podemos intruducir eses recursos visuais dentro deste e, en canto ao xornal, creo que non podería sacar o máximo probeito co tema que escollimos, as intelixencias múltiples.

Se queredes vos dar a vosa opinión realizala nos comentarios. Vemonos na seguinte entrada, saudos!!

Consulta de proxectos (Pablo)

Consulta de proxectos (Brais)

martes, 31 de enero de 2017

Presentación do blog




Moi boas cibernautas, bloggers, docentes, alumnado, seguidores, seguidoras, fans, etc!!

Benvidos ao noso blog. Neste primer post imoslles a contar sobre que tratará este pequeno espazo na rede. Somos un grupo de tres estudantes de Educación Primaria da Universidade de Vigo, máis concretamente do Campus de Ourense. Facemonos chamar "Los Sin Nombre", que non é porque nosos proxenitores non nos puxeran un nome, senon pola nosa excasa imaxinación a hora de elexir un nome para o grupo de traballo (pobres sexan os nosos futuros fillos e fillas...).

Vamos a deixar as coñas un pouco de lado. Somos Brais Samartín Rodríguez, Pablo José Seguín Díaz e Javier Ugarte García, e como ben dixemos somos estudantes da UVigo. Este blog é para a asinatura de Novas Tecnoloxías, e tratará sobre un tema de actualidade como son as famosas intelixencias múltiples.

O noso interese por este tema é que creemos firmemente que non existe un tipo de intelixencia única. Non somos todos iguais, a un peixe non se lle pode pedir que trepe una árbore.

Parécenos una materia moi importante para a nosa formación profesional, xa que as TIC están cada día máis presentes nas nosas vidas. Aunque só lle teñamos medo ao home do saco, imos de decirlles un pequeno segredo... todo isto de crear un blog tamén nos da algo de respeto, AÍNDA QUE NON MEDO!

Nos seguintes post seguiremoslle escribindo sobre que é iso das intelixencias múltiples, asique non vos separedes dos vosos dispositivos móbiles, ordenadores, tablets, etc, para non perdervos ningunha nova.

Opinamos que o tema elexido seguro vos sorprenderá a todas e a todos, e oxalá leades as nosas seguintes publicacións coa mesma ilusión coa que nos as realizaremos!

Ata pronto queridos lectores e lectoras!

miércoles, 25 de enero de 2017

Presentación de Javier

A idea de que non exista un só un tipo de intelixencia pareceme moi interesante xa que conleva, na actualidade, que a comparación entre a xente a nivel intelectual, porque o que sucede, en realidade, é non destaca nun tipo de intelixencia, pero que quizais noutro destaques con creces. Perde forza o típico de dicir "soi máis listo ca ti" ou "non sabes nada, ti es tonto". Iste é un dos motivos cos que me puxe de acordo para tratar este tema no blog cos meus compañeiros de grupo, o cal imos desenvolver neste cuatrimestre en novas tecnoloxías, ademáis de ser un tema de interese para moitas persoas e as innumerables posiblidades de creatividade á hora de realizar actividades e subir post no noso blog que sexa de voso agrado.

Presentación de Pablo

Bos días mundoooo!

Estou aquí no día de hoxe para realizar a miña primeira publicación neste proxecto. Meu nome e Pablo José Seguín. Nacin en Ourense e actualmente vivo en Xinzo, unha pequena vila de 10.000 habitantes situada a 50 kilómetros da cidade termal. Estudo na Universidade de Vigo o Grado de Educación Primaria dende este presente curso.

Este blog, tras varias discursión tratará sobre as intelixencias múltiples, tema que como poidemos ver nas distintas pescudas que fixemos pola rede está moi en auxe. A verdade é que non controlo moito sobre todo este mundo dos ordenadores, pero vou a esforzarme o máximo posible.

Sen máis, espero que sigan moi de cerca a publicación do blog, así como eu espero que vos encante todo o que aquí se ha traballar, que ben seguro é super divertido!

Presentación de Brais

Boas a todos!

Bou a presentarme, son Brais e durante este cuarimestre vou facer actividades e entradas no blog sobre o tema do noso blog: as intelixencias múltiples. Interéame estae tema xa que proporciona una atnción máis individualizada do alumnado e así poder sacar proveito ós seus puntos fortes e características. Espero que o noso blog sexa de voso agrado.

Ata a próxima entrada!